Concello de Vimianzo
26 de abril de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Fecha de inicio:  15-09-2016 Fecha de fin:  31-05-2017
Cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega (presenciais e en liña) e preparatorios dos Celga nas Escolas Oficiais de Idiomas Nota: as datas de inicio e remate son orientativas.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) e de linguaxe administrativa (nivel medio e superior) en varias Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

Persoas destinatarias:

Os cursos de linguaxe administrativa van dirixidos ao persoal das Administracións públicas galegas, agás os e as docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.

Tamén se poderán anotar as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as, sempre e cando queden prazas vacantes.

Os Celga poderán solicitalos as persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan antes de finais deste ano.

Prazo das solicitudes:

Desde o 20 de agosto ata o 9 de setembro para os cursos da quenda de outubro/xaneiro e desde o 12 de setembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017 para os de febrero/maio.

Lugar de inscrición:

As solicitudes presentaranse na secretaría da Escola Oficial de Idiomas onde se imparta o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

Prezo: gratuíto

Para calquera dúbida coa convocatoria ou coa inscrición, podedes dirixirvos ao Servizo de Normalización Lingüística do concello a través do teléfono 981 716 001 (ext: 1223) ou no correo: snl@vimianzo.gal.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
5
6
7
17
18
19
20
22
24
25
27
28
29

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X