Concello de Vimianzo
25 de xullo de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Calo

  • Pasarela
  • Penedos Pasarela
  • Pasarela
  • Penedos Pasarela

  • Superficie: 13,80 Km2.
  • Habitantes
  • Lugares: A Gándara de Lamas, Calabanda, Calo, Magro, O Foxo, o Penedo, Pasarela.
A parroquia de Calo sitúase ao norte do concello de Vimianzo. Limita polo norte co concello de Laxe, polo leste coa parroquia de Salto, polo sur coa de Cambeda e Berdoias e polo oeste con Carantoña.

Calo é unha parroquia fundamentalmente agrícola e gandeira, mais tamén atopamos industrias asentadas nesta parroquia.

No lugar de Pasarela podemos ver unha paisaxe granítica, con formas zoomórficas e antropomórficas froito da acción do tempo, coñecidos como Penedos de Pasarela e Traba (pois continúan no lugar laxense de Traba). Estes penedos acadan o seu pico máis alto no penedo chamado Pena Forcada (258 m.). Actualmente esta paraxe está declarada Paisaxe Protexida desde o ano 2009.

No lugar de Calo atopamos a igrexa parroquial e nun lugar apartado no extremo occidental da parroquia temos a Capela de Castrobuxán, na que se atopa un retablo barroco de grande interese datado entre 1760 e 1780. Esta capela sitúase ao pé dun castro do que deriva o actual topónimo de Castrobuxán.

En canto á fidalguía local temos en Calo un escudo do séc XVIII na fachada da Casa do Fidalgo, único resto da histórica Casa e torre de Calo.

Festas: San Xoán Bautista de Calo (27 de decembro), Santa Bárbara en Pasarela (23 e 24 de xullo), Castrobuxán (luns de Pascua e 15 de agosto) e Santa Lucía (13 de decembro).

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).


Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X