Concello de Vimianzo
27 de xuño de 2017
O corazón da Terra de Soneira

5ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte

Os Concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo, a través dos seus dptos. de deportes, poñen en marcha a 5ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte.

Os oito roteiros que este ano nos amosarán distintos currunchos da nosa fermosa xeografía, estarán enmarcados nun programa cunha normativa común. As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros aproximadamente e a organización poderá modificar o percorrido previsto se así o estima por razóns de seguridade. As andainas comezarán ás 10:00 e rematarán entre as 13:00 e as 15:00.

As datas da 5ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte

  • 1 de abril Dumbría: Olveiroa, río e pedra (lineal).
  • 8 de abril Cee: Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros (lineal).
  • 22 de abril Ponteceso: Pazos e río Anllóns (lineal).
  • 6 de maio Camariñas: De costa a costa (circular).
  • 13 de maio Muxía: Ponte Constante-Caldeiras do Castro (lineal).
  • 20 de maio Corcubión & Fisterra: De faro a faro polo Camiño de Santiago (lineal).
  • 03 de xuño Vimianzo: Os muíños de Cambeda (circular).
  • 10 de xuño Mazaricos: Ruta da Pontenoca (circular).

 Inscrición

Para participar no programa, débese formalizar a inscrición no Concello de cada un e no caso de non pertencer a ningún dos Concellos organizadores, pódese formalizar en calquera deles. A inscrición é gratuita.

Poderán participar nenos e nenas a partir de 7 anos, sempre acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais ou titores deberán asinar unha autorización.

O prazo de inscrición rematará o xoves previo á realización da actividade, e non se admitirán inscricións pasado este prazo.

Todos os participantes estará cubertos por un seguro de accidentes.

Cada Concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta ao punto de partida da ruta.

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X