Concello de Vimianzo
29 de marzo de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Orientación Laboral

A finalidade do Servizo de Orientación Laboral é axudar os usuarios a conseguir os seus obxectivos profesionais, ofrecéndolle información actualizada, colaborando na planificación da súa inserción, adestrándoo nas habilidades de busca de emprego e motivándoo a seguir unha tarefa que, a miúdo, resulta frustrante.

Obxectivos da Orientación Laboral:
  • Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.
  • Actualizar e activar o curriculum vitae de cada demandante.
  • Optimizar a oferta formativa existente.
  • Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente.
  • Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer as persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.
Formas de acceso:
O acceso as accións de orientación laboral para persoas demandantes de emprego realízase a través do seu centro titor do Servizo Público de Emprego de Galicia ou de calquera oficina de emprego.

Oficina Virtual

  • A Oficina Virtual permanecerá pechada de 01:00 h. a 06:00 h.
Darte de ALTA:
Se desexas utilizar os servizos da Oficina Virtual do Portal de Emprego necesitas estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ter a túa demanda de emprego en situación administrativa de "Alta".

Para acceder mediante identificador de usuario e contrasinal necesitas:
  • Dispoñer dunha conta de correo electrónico.
  • Ser demandante activo de emprego, e ter a túa demanda en situación administrativa de "Alta".
  • Acudir á túa Oficina de Emprego cun documento que te identifique (DNI, NIE, etc.).
Na oficina darante de alta no sistema e recibirás un correo electrónico onde se te informará do teu usuario e contrasinal de acceso ao sistema.

Para acceder mediante DNI electrónico, ou mediante Certificado dixital necesitas:
  • Dispoñer dun DNI electrónico ou ben dun Certificado dixital.
  • Ser demandante activo de emprego, e ter a túa demanda  en situación administrativa de "Alta"

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X