Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Presentación

O Concello de Vimianzo, por medio do departamento de Deportes, pretende realizar unha ampla e variada oferta deportiva para os seus veciños/as. Esta oferta divídese fundamentalmente en dous grandes bloques:

  • Actividades e escolas deportivas de inverno que se levan a cabo entre os meses de novembro e maio. Son actividades que se desenvolven na súa maior parte nos pavillóns de Vimianzo e Baíñas, aínda que tamén se ofertan actividades nas distintas parroquias do Concello. Entre as actividades que destacan neste apartado podemos citar o aeróbic, a ximnasia de mantemento, a patinaxe, o fútbol e fútbol sala, o tiro con arco,…
  • Actividades de verán realizadas entre os meses de xuño e setembro. Son actividades de carácter máis puntual realizadas na súa maior parte ao aire libre ou en contornos naturais. Actividades coma sendeirismo, rutas btt, cursos de natación, campamentos,…

Esta oferta deportiva vese incrementada coa apertura do Ximnasio Municipal. Os usuarios poden acceder á instalación por medio de entrada libre (3,50 € por día) ou ben por medio dun abono mensual (15 € mes). Na instalación existe persoal cualificado que asesora os deportistas para unha práctica segura e axeitada.

Destacar tamén que durante os meses de verán (xullo – setembro) o Concello pon a disposición dos veciños/as do concello o uso da piscina descuberta con acceso gratuíto. Ademais do horario de apertura para o baño, tamén se realizan cursos de natación para todas as idades.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X