Concello de Vimianzo
20 de setembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-02-2016

O vimiancés David Calzas e a coruñesa Bea Romero, campións da 7ª edición do Duatlón de Reis

A lama volveu a ser a verdadeira protagonista da 7ª edición do Duatlón de Reis do Concello de Vimianzo que se disputou este domingo.
Antes de iniciarse a proba rendiuselle homenaxe ao participante en anteriores edicións Fernando Abad, que faleceu mentres entrenaba no pasado mes de outubro. A organización entregoulle ao Clube O Treito o dorsal co que o deportista competiu na pasada edición e gardouse un minuto de silencio.
Tomaron a saída un total de 134 corredores e corredoras chegados de toda Galicia.
Na categoría masculina o vencedor foi o soneirán David Calzas que empregou un tempo total dunha hora e vinte e seis minutos.
En canto á categoría feminina a gañadora foi a coruñesa Bea Romero que empregou un tempo total de dúas horas e un minuto. A chegada feminina foi moi emocionante pois as tres primeiras clasificadas chegaron con tempos moi parellos.
Ademáis dos trofeos os gañadores e gañadoras recibiron unha cesta con produtos doada por empresas da parroquia vimiancesa de Salto.
Dende o Concello de Vimianzo queremos agradecer a todas e todos os participantes que o domingo se achegaron a Castromil para participar na proba e convidalos a voltar para a vindeira edición.
Tamén queremos agradecer a colaboración das máis de 40 persoas que colaboraron de maneira desinteresada na organización. Sen elas eles o desenvolvemento desta proba sería imposíbel.

Podio feminino

Podio masculino

Foto de familia das voluntarias e voluntarios

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
21
22
23
24
25
26
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X