Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-04-2016

Grande éxito na I Gala do Deporte do Concello de Vimianzo

O público abarrotou na noite do venres o Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo na I Gala do deporte que organizou o Concello de Vimianzo.

Neste acto premiaronse, a nivel individual, a 20 deportistas entre os que podemos salientar aos pilotos Amador Vidal e Francis Lema, campións de España de Rallies de terra nos anos 2014 e 2015, Teresa Castro, entre outros campioa de España F45 de 3000 m no 2015 e no 2016, 6ª no campionato do mundo de Cross W45, campioa galega de F45 Cross en 2016, subcampioa de España en pista cuberta F45 en 2016 ou 3ª clasificada no Campionato de España de Media Maratón en 2016, Michel Antelo, campión galego M35 de Media Maratón en 2015 e 3º clasificado M35 no Campionato Galego de 10 km en ruta en 2015, Iván Rego Pose, 3º clasificado Senior no Campionato Galego de 10 km en ruta, Jorge Quintáns, entre outros, Campión de España de Canoa-patrullas en 2015, subcampión de España K1 patrullas en 2015, Subcampión de España K1 en 2015, Campión da Taça Ibérica k1 en 2016 ou campión da Copa Galega k1 en 2016, Davis Calzas, subcampión galego de Duatlón Cross en 2015 e 2016 ou Mateo Suárez, subcampión da Minicopa do Rei de Baloncesto co clun Jouventud de Badalona en 2016 ou a 12 compoñentes do equipo de tiro con arco DOUSXSETENTA que destacaron a nivel galego.

Tamén foron premiados pola súa traxectoria o Fisober FSF, o club de tiro con arco DOUSXSETENTA e o Soneira SD.

A próxima cita co deporte no Concello de Vimianzo será o vindeiro domingo 24 de abril coa disputa da IV Carreira pedestre do Concello de Vimianzo.

Poden ver máis fotografías do acto na nosa páxina de Facebook

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X