Concello de Vimianzo
20 de setembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-09-2016

O Concello de Vimianzo convoca axudas por nacemento, adopción ou acollemento de fillos e axudas para o incio do curso escolar

No BOP do luns 26 de setembro publicouse a Convocatoria de axudas por nacemento, adopción ou acollemento de fillos. O obxectivo destas axudas e contribuír aos gastos ocasionados por nacemento, adopción ou acollemento. As axudas pretender ser un paliativo nestes momentos de crise, contribuíndo a minorar os gastos que estes feitos lles ocasionan as familias.

Tamén se publicou a Convocatoria de axudas para o inicio do curso escolar. O obxectivo destas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. Pódense solicitar para gastos como libros de texto, material escolar, roupa e zapatos e son compatibles coas axudas doutras administracións.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto até o día 16 de outubro.

A información acerca da documentación que hai que presentar e os impresos que hai que cubrir pódense descargar dende a páxina web municipal (www.vimianzo.gal). As persoas que desexen información presencial poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.

Ligazóns

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
21
22
23
24
25
26
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X