Concello de Vimianzo
19 de agosto de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-02-2017

A gastronomía de Vimianzo proxectará a súa marca de calidade en Xantar

Todo logro ten o seu inicio, e así ao observar o impulso e recoñecemento crecente da gastronomía de Vimianzo, consideramos como esta pequena capital gastronómica evolucionou perfeccionando o menú do día até acabar por destacar na súa relación calidade/prezo. De promover os valores da vila, a gastronomía habería de ocupar un lugar tan notable como identificativo de Vimianzo e así chegaron as xornadas de degustación con maior aceptación cada tempada, a creación e promoción de produtos propios e innovadores, e por fin a participación de certames e feiras ambicionando unha proxección territorial cada vez máis ampla.

Durante o pasado ano Vimianzo acudiu como participante ou convidada a diversas mostras culinarias, conseguindo importante recoñecemento, especialmente en “Xantar”- Salón Gastronómico Internacional celebrado na cidade de Ourense. A este, regresará o vindeiro venres 3 de febreiro cunha orixinal mostra de degustación e un showcooking dirixido polo mediático historiador e crítico gastronómico, Jorge Guitián, titulado “Pinchos Irmandiños” en relación a historia medieval da vila lembrada recurrentemente no seu “Asalto ao Castelo” e inspiración de produtos culinarios propios, dentro do coñecido proxecto Do mar á Terra.

A participación en Xantar 2017 será unha nova oportunidade para proxectar a boa cociña vimiancesa ante máis de 100 medios de comunicación e representantes de distintas nacionalidades que procuran na gastronomía un pretexto nas súas escapadas turísticas. Este escaparate privilexiado aproveitarase para presentar o seu novo programa de xornadas gastronómicas para o ano 2017, que inaugurará xornadas de Entroido o mesmo 3 de febreiro. A nova temática que determinará a elaboración dos menús de degustación, non alterará os competentes prezos habituais das degustacións vimiancesas. Do mesmo xeito, continuarán os sorteos abertos a todos os comensais para estimular a participación da veciñanza. 

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X