Concello de Vimianzo
26 de xullo de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-02-2017

As persoas usuarias de APEM expoñen os seus traballos na Sala de Exposicións Antón Mouzo

A Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) foi creada en 1980 como unha asociación cidadá, sen ánimo de lucro,  que integra a persoas con enfermidade mental, familiares e profesionais da saúde mental que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental.
Dende a súa constitución, APEM defendeu que  o tratamento destas persoas con enfermidade mental pasa  por algo máis que o tratamento farmacolóxico e, que por iso, é necesario complementalo cunha abordaxe psicosocial. Por iso, o principal obxectivo da asociación é axudar á rehabilitación das persoas con enfermidade mental, sobre todo con talleres ocupacionais ou formativos, para fomentar a súa autonomía e favorecer a integración social e laboral.
Na sala de exposicións vimiancesa pódense contemplar algúns traballos artísiticos que realizaron as persoas usuarias dos centros AMPEM.
A mostra permanecerá aberta até o vindeiro 17 de marzo.
Os horarios son, de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00. 

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X