Concello de Vimianzo
27 de xuño de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-03-2017

Unha delegación do Concello de Vimianzo visita Sicilia

Unha delegación do Concello de Vimianzo, encabezada polo alcalde Manuel Antelo, e da que tamén forma parte a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Ensino, María José Ramos, participa entre os días 8 e 11 de marzo na xuntanza do Proxecto ERN4mob na cidade siciliana de Petrosino.

O encontro estará dedicado á análise das cuestións derivadas da migración de traballadores estranxeiros na Unión Europea e fóra dela, en busca dun emprego. Os relatores e grupos de traballo que participan na xuntanza, abordarán os distintos aspectos relacionados co emprego de persoas estranxeiras: a dificultade de inserción, a calidade das relacións coas persoas do lugar onde atoparon emprego, o tipo de actividades de traballo nas que atoparon oportunidades de emprego ou a planificación de accións para promover a acollida coa finalidade de promover a súa integración na sociedade.

Abriu os traballos da quinta reunión deste proxecto transnacional o alcalde de Petrosino, Gaspare Giacalone, seguido pola presentación de Manuel Antelo do proxecto de Vimianzo.

O segundo día dos traballos, abrirase cunha conferencia de vídeo e un debate sobre a inmigración entre os representantes de empresas sicilianas. Na tarde deste xoves, 9 de marzo, hai programada unha visita a empresas agrícolas e hortícolas da cidade de Petrosino que empregan fundamentalmente a traballadores estranxeiros.

O venres 10 de marzo, o traballo comezará cun obradoiro no que se presentarán as mellores prácticas identificadas e un traballo de grupo sobre a identificación dos servizos necesarios para a mellora da rede. Pola tarde, desenvolverase unha mesa redonda sobre o tema da identificación de cuestións críticas e propostas innovadoras relacionadas.

Finalmente, o sábado 11 de marzo, pecharase a xuntanza de traballo coa programación de citas nos próximos meses e a definición do novo plan de acción.



Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X