Concello de Vimianzo
26 de abril de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-03-2017

Comezan as Xornadas de Primavera do Vimianzo Gastronómico

É xa toda unha referencia a celebración do Vimianzo Gastronómico. As Xornadas de Entroido dan paso co cambio de estación á primavera e aos produtos desta temporada. Deste xeito do 24 de marzo ao 28 de maio poderanse degustar diferentes menús nos catro restaurantes participantes.

O prezo é de 20 euros por menú, con adega á parte. Ademais, Vimianzo Gastronómico ofrece a posibilidade de repetir a experiencia ou regalala convidando a uns amigos, xa que se sortean catro menús para dúas persoas, un por cada restaurante.

Os menús son:

Casa Sabina:

Todo no mesmo menú:

Tempura "Mar e terra"

Pescada ao vapor con mollo mariñeiro

Espetada de solombo de porco con verduras

Sobremesa da casa

Restaurante O Castillo

A escoller entre os primeiros e os segundos:

1º - Navallas na grella

   - Mexillóns en salsa

2º - Corte redondo de tenreira con patacas guisadas

- Lombo de porco con mollo de crema de queixo

Sobremesa da casa

Restaurante Vázquez

A escoller entre os primeiros e os segundos:

1º - Polbo grellado con gambas e cachelos

- Salada morna con gambas, gulas e froitas de primavera

- Coxas de rá

2º - Bacallau en mollo mariñeiro ao estilo Vázquez

- Espetada de carne variada e champiñóns

Sobremesa da casa



RESTAURANTE PASTORIZA

Todo no mesmo menú:

Tempura de verduras e lagostinos

Peixe do día con espárragos verdes, aroma de trufa e aceite de chourizo

Segredo de porco do país con mollo especiado e berenxena afumada

Sobremesa da casa e café


Aproveitando a chegada do bo tempo o Concello propón completar a experiencia gastronómica coa oferta cultural do Auditorio ou a visita aos diferentes lugares de interese patrimonial, como os Batáns e Muíños do Mosquetín, o Castelo, a ruta do Val de Vimianzo ou a ruta dos Dolmens.



Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
5
6
7
17
18
19
20
22
24
25
27
28
29

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X