Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-07-2017

O alcalde de Vimianzo participa en Eslovaquia nunha xuntanza do programa ERN4mob da Unión europea

Unha delegaciónn do Concello de Vimianzo encabezada polo alcalde, Manuel Antelo, participa durante esta semana nunha xuntanza do programa da Unión Europea ERN4mob na localidade deObec Zemplínske Hámre en Eslovaquia.

ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility é un proxecto europeo promovido no marco do programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural 2020.

Neste proxecto, liderado polo Concello de Vimianzo, participan o Concello de Kostrzyn nad Odrą (Polonia), aComunidade Intermunicipal do Alto Alentejo (Portugal), o Newry, Mourne and Down District Council (Irlanda do Norte), a Comune di Petrosino (Sicilia) e o Concello de Obec Zemplínske Hámre (Eslovaquia).

O concello de Zemplínske Hámre está conformado por unha vila situada nunha área rural do leste de Eslovaquia. A vila foi fundada no século XIX grazas á minaría na base das montañas Vihorlat e actualmente é ben coñecida principalmente pola súa localización e as súas potencialidades turísticas. A vila é a porta de entrada á área de paisaxe protexida das montañas Vihorlat, que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco e que é visitada frecuentemente debido aos impresionantes monumentos volcánicos naturais, á fauna e á flora.

Zemplínske Hámre é membro da asociación público-privada LAG (Local action group) «Pod Vihorlatom», que representa a 32 municipios dos distritos de Snina e Humenné, cunha poboación total de 44 898 habitantes, nunha área de 406,51 km². Outros membros son empresas privadas e ONG da rexións, interesadas no desenvolvemento rexional. O alcalde de Zemplínske Hámre é actualmente o presidente da LAG e pretende involucrar no proxecto a todos os muncipios socios. Cunha poboación de 1271 habitantes, Zemplínske Hámre é o cuarto maior municipio do distrito de Snina.

O alcalde, Manuel Antelo, destaca a importancia de participar neste programa, pois permitelle aos participantes comprobar o funcionamento doutras entidades locais de similares características e coñecer, de primeira man, como solucionan problemas comúns a todas elas. 

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X