Concello de Vimianzo
17 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-08-2017

Entrega de diplomas do Curso de atención sociosanitaria

O alcalde Vimianzo, Manuel Antelo, entrego os diplomas do Curso de atención sociosanitaria organizado dentro do Programa de emprego Vir-Fluvius, impulsado polos concellos de Vimianzo e Camariñas.

curso de atención sociosanitaria en domicilios foi impartido pola empresa Colaxe e desenvolveuse  entre os meses de abril e xullo e que tivo unha extensión total de 300 horas entre a súa parte teórica e a súa parte práctica. Para esta última, de 100 horas de duración, colaboraron os concellos de Zas, Camariñas e Vimianzo e os seus respectivos servizos de axuda no fogar, acollendo a alumnas/os do curso para que puideran ter unha visión práctica da atención a persoas dependentes en domicilios, obtendo uns resultados moi satisfactorios.

Estanse realizando nestes momentos outras accións enmarcadas dentro do programa de emprego, que seguirán ata o remate do programa, o 31 de agosto. O obxectivo é a mellora da empregabilidade dos 60 participantes do PIE VIR FLUVIUS 2016, co fin de integrar no mundo laboral ao maior número posible destas persoas. Polo de agora, 21 delas traballaron nalgún momento ao longo do programa.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X