Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-10-2017

O Concello de Vimianzo promociona o uso da lingua galega nos actos fúnebres

O Concello de Vimianzo e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística organizaron un acto para dar a coñecer  a iniciativa “En galego, agora e sempre”, destinada a fomentar o uso da lingua galega nos actos fúnebres.
O acto tivo lugar no cemiterio da paroquia de Salto o pasado sábado día 28 de outubro.

As persoas asistentes asinaron unha acta de derradeiras vontades na que expresan o seu desexo de que os actos fúnebres relacionados co seu pasamento se realicen en galego.

No transcurso do acto cambiouse a lápida da mestra Dna. Carmen Neira Marcos por unha en lingua galega e descubriuse unha placa no cemiterio coa lenda “Na memoria de todas as persoas que aquí xacen, porque grazas a elas Galicia segue a ter lingua e cultura de seu".

No acto, ademáis do alcalde, Manuel Antelo e do representante da Asociación de funcionarios pola normalización lingüísitica, X. Monteagudo, interviron  algunhas ex-alumnas da mestra para homenaxear a súa figura, fundamental para a educación feminina e o fomento da igualdade na parroquia. 

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X