Concello de Vimianzo
18 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-11-2017

O Concello de Vimianzo resolve a concesión de axudas por nacemento e para inicio de curso escolar

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo, na súa última sesión aprobou a concesión de perto de 14000€ para axudas por nacemento, adopción ou acollemento e por inicio de curso escolar.

A axuda por incio de curso escolar beneficia un total de 112 familias que recibirán entre 250€ e 50€, en función dos seus niveis de renda.

O obxectivo desta axuda é o de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. A axuda poderasexustificar con facturas correspondentes a gastos de libros de texto, material escolar, roupa ou zapatos.

Con respecto á axuda por nacemento, adopción ou acollemento beneficiará a 12 familias que recibirán un total de 100 euros por nena ou neno.

O obxectivo desta axudas é o de contribuír aos gastos ocasionados por nacemento, adopción ou acollemento. As axudas pretender ser un paliativo nestes momentos de crise, contribuíndo a minorar os gastos que estes feitos lles ocasionan ás familias.

Estas axudas son unha mostra do compromiso do Concello de Vimianzo para que a educación e a igualdade de oportunidades non dependan da renda, consientes de que a educación é un dereito democrático ao que debe acceder toda a cidadanía sen que a renda familiar inflúa de maneira negativa.

Tamén demostran o compromiso do Concello de Vimianzo co fomento da natalidade e co apoio á infancia e ás nais e pais que deciden ter un fillo ou filla.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X