Concello de Vimianzo
20 de agosto de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

15-01-2018

Recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

1) Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

As familias profesionais obxecto de acreditación son:
  • Administración e xestión
  • Agraria
  • Comercio e mercadotecnia
  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Enerxía e auga
  • Fabricación mecánica
  • Hostalería e turismo
  • Imaxe e son
  • Imaxe persoal
  • Industrias alimentarias
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Química
  • Sanidade
  • Servizos socioculturais e á comunidade
  • Transporte e mantemento de vehículos
Prazo: dende o 10 de xaneiro ó 2 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

IMPORTANTE: é obrigatorio empregar a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría do centro onde se vaia desenvolver o proceso. 

ENLACE Á ORDE DO DOG

2) Consellería de Economía, Emprego e Industria:

ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para  o  ano  2018  do  procedemento  de  recoñecemento  das  competencias  profesionais   adquiridas   a   través   da   experiencia   laboral,   na   Comunidade   Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

As unidades de competencia das cualificacións profesionais convocadas son:
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio    SSC089_2
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións   sociais SSC320_2
  • Servizos para o control de pragas SEA028_2
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
  • Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
  • Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
  • Tanatopraxia SAN491_3
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA595_2
  • Confección e mantemento de artes e aparellos MAO005_2

Prazo:
do 28 de decembro de 2017 ó 26 de xaneiro de 2018 (inclusive) para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:  
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio    SSC089_2
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
  • Servizos para o control de pragas SEA028_2
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
  • Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
  • Tanatopraxia SAN491_3- Confección e mantemento de artes e aparellos  MAP005_2
Non se abre prazo de inscricións nas cualificacións profesionais de Extinción de incendios e salvamento e Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural xa que accederán directamente ó procedemento as persoas candidatas que figuraban na lista definitiva de persoas en lista de espera na anterior convocatoria.

IMPORTANTE:  aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria (Orde do 30 de decembro de 2016) nas cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, extinción de incendios e salvamento,  Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, socorrismo en instalación acuáticas, socorrismo en espazos acuáticos naturais, servizos para o control de pragas e tanatopraxia, NON teñen que presentar nin nova solicitude, nin ningunha documentación. Só terán que formalizar o pagamento das taxas.

A partir do 28 de decembro a través da páxina web da consellería http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.

ENLACE Á ORDE DO DOG

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X