Concello de Vimianzo
19 de xullo de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-01-2018

O Concello de Vimianzo aforrou un 20% na factura da electricidade durante o segundo semestre de 2017

No ano 2017 o Concello de Vimianzo sacou a concurso o subministro de electricidade co obxectivo de reducir, por unha banda, os consumos e, por outra o importe económico. Ata ese momento eran varias as empresas comercializadoras: CHC, Gas Natural...

A empresa gañadora do concurso foi E.nova Enerxía, unha empresa de capital galego que ten como obxecto a comercialización da enerxía eléctrica, así como prover de servizos enerxéticos a empresas e organizacións. Ademais, garante a procedencia en orixe da mesma de enerxías 100% renovables. Neste senso, a día de hoxe, o concello de Vimianzo consume toda a enerxía eléctrica procedente de fontes renovables.

Con esta contratación o Concello de Vimianzo ten acadado un aforro nos seis últimos meses do ano de máis de 23.000€, case un 20% con respectos as condicións que tiña anteriormente contratadas. Este aforro so ten que ver cos prezos ofertados por INICIATIVA E.NOVA, S.L, ao respecto das anteriores comercializadoras. Neste aforro inclúense diferentes racionalizacións realizadas sobre a contratación: redución do número de puntos de subministro e optimizacións de potencia. Pola contra, non se incorporan nos resultado de aforro os cambios de lámpadas máis eficientes que se realizarán ó longo do 2018. Tendo en conta todo isto o concello de Vimianzo prevé un aforro para este ano de máis de 60.000€ na factura eléctrica.

O alcalde, Manuel Antelo, está satisfeito con este aforro e incide na súa importancia, xa que nun contexto no que o prezo da luz aumenta, o Concello de Vimianzo, grazas ao control e á optimización dos recursos paga 4000€ menos ao mes de factura eléctrica.

Con todo o alcalde anuncia que se seguirá traballando para racionalizar o consumo eléctrico e aforrar nos recursos que o Concello destina e este servizo. Continuarase traballando na optimización dos sistemas de iluminación cambiando aqueles que máis consumen por outros máis eficientes.

O rexedor cualifica os resultados deste concurso público como moi positivos xa que o aforro é algo contrastable, tan só no que é o prezo que paga o concello pola electricidade coa comercializadora E.nova Enerxía,. Pero ademais, a empresa asesora ao concello na racionalización dos puntos de subministro eléctrico e nas potencias e reduciu enormemente o volume de facturas, e polo tanto o traballo do departamento económico. Outra das melloras que introduciu a empresa á un portal de transparencia para que o concello teña acceso aos consumos e facturas, por diferentes categorías e tipos, sendo unha ferramenta notable para o estudo dos consumos e a planificación estratéxica do consumo enerxético.

Outras das novidades que introduciu a empresa E.nova Enerxía, na súa relación co concello de Vimianzo é garantir a procedencia da enerxía total de fontes renovables.

“En Vimianzo aforramos na factura eléctrica 4.000€ ao mes e consumimos só enerxía renovable”, di o Alcalde.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Museo Virtual GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X