Concello de Vimianzo
20 de febreiro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-01-2018

O Concello de Vimanzo programa actividades destinadas ás e aos máis cativos da casa

O Concello de Vimianzo, dentro do programa Apego de normalización lingüística vai organizar durante os meses de febreiro e marzo distintas actividades destinadas ás e aos máis cativos da casa.

A programación comezará o domingo 4 de febreiro coa obra de teatro de Producións dispersas O souto dos prodixios.

Despois das festas do Entroido a cita será o domingo 25 co espectáculo circense de Peter Punk Chungo!.

Xa no mes de marzo o sábado 3 o contador Caxoto traeranos Un libro baixo a almofada. O domingo 11 será o turno para a música da Banda dos cueiros.

O sábado 17 voltarán os contos da man de Charo Pita e o seu espectáculo Menú de contos e pecharemos esta programación o domingo 25 co espectáculo de Títeres Cachirulo, Pinocho.

Todas as actuacións serán ás 18:30 h. As dos domingos no Auditorio da Casa da Cultura e as dos sábados na Biblioteca Municipal.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X