Concello de Vimianzo
20 de agosto de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-02-2018

O Concello de Vimianzo duplica en dous anos as horas do SAF

No ano 2015, ante o mal funcionamento do sistema o Goberno municipal promoveu distintas actuacións que culminaron, por unha banda no reforzo da atención ás persoas dependentes a través do Servizo de Benestar Social e, por outra banda mediante a externalización do servizo de asistencia co obxectivo de mellorar o seu funcionamento.

Estes feitos significaron que no ano 2017 se duplicaran as horas de prestación de servizos pasando de 6762 en 2015 a máis de 12000.

Parello a isto a achega da Xunta de Galicia tamén se duplicou nos últimos dous anos, pasando de 46000€ a case 90000€. Este feito significou un importante aforro para os recursos municipais, diminuíndo a achega municipal.

Xa, naquel momento se afirmaba dende o Goberno municipal que o SAF ía a mellorar. Neste sentido os feitos son que se duplicou o número de horas e se incrementaron os postos de traballo.

Dende o Goberno municipal tamén se afirmaba que o Concello, a pesar de incrementar os servizos, podería aforrar cartos, feito que, neste momento, se pode contrastar de maneira clara.

Nos últimos dous anos o custe total do servizo pasou de 120000€ a 162000€ e aínda así o Concello aforrou cartos debido a un aumento da eficiencia e á potenciación do SAF de dependencia, financiado pola Xunta de Galicia, e a un aumento da eficiencia no SAF de libre concorrencia.

O Goberno puxo empeño en mellorar o servizo e aumentar a información das súas prestacións entre a cidadanía, así como na detección de posibles persoas usuarias.

O proceso de valoración da dependencia é un proceso longo e mentras a persoa non é valorada pola Xunta de Galicia, o Concello de Vimianzo oferta o SAF de libre concorrencia a todas as persoas que están tramitando a dita valoración e até que a obteñan.

A aposta do Goberno de Vimianzo polos Servizos Sociais é un investimento social que se incrementou nos áultimos anos, reducindo o gasto con recursos propios, tras unha mellora na xestión do mesmo e un aumento nos servizos e nas prestacións.



Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual III Plan de Igualdade 2015/ 18 SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X