Concello de Vimianzo
20 de xullo de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-06-2018

Mais de 30 mulleres asinaron un contrato de traballo dende o incio do Programa integrado de emprego desenvolvido polos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Os alcaldes de Camariñas, Muxía e Vimianzo reuníronse no Concello de Vimianzo para facer seguimento das accións do "Programa Integrado de Emprego dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017". Analizáronse os seguintes puntos:

  1. Accións desenvolvidas ata o momento. Grao de participación. Resultados

  2. Insercións laborais

  3. Próximas accións

  4. Grao de execución do proxecto. Accións e orzamento

  5. Problemáticas que se detectan no contexto sociolaboral

  6. Indicadores de avaliación

Dentro das accións do formación, desenvolvéronse ata o momento as seguintes:

- Curso de manipulación de alimentos

- Curso de prevención de riscos laborais

- Preparación das competencias clave para acadar o nivel 2. 17 usuarias aprobaron as probas e outras 3 aprobaron parte das materias.

- Curso de informática administrativa.

- Obradoiro de motivación para o emprendemento.

- Seminario de planificación empresarial.

- Curso de hostalería integral.

- Informática básica (en execución).

Outras accións previstas dentro do programa son:

- Obradoiro de uso do móbil

- Administración electrónica. Trámites on line.

- Curso de cociña

- Atención sociosanitaria en institucións.

- Curso de despece e limpeza de alimentos (carnes e peixes)

Esta labor compleméntase con prácticas en empresas que necesitan cubrir postos de traballo. Esta acción facilita que as participantes coñezan as características da ocupación e que as empresas poidan formar e avaliar á potencial traballadora.

O apartado deinsercións laboraisvai cun bo grao de execución. Desde que se iniciou o programa unhas 31 participantes foron contratadas e prevense a curto prazo 8 novas insercións.

Non obstante, os obxectivos do proxecto son que,durante o prazo de 12 meses contados dende o inicio do programa,30 usuarias sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien unha actividade por conta propia ou formando parte como socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, durante o programa ou nos tres meses seguintes á súa finalización.

Froito do traballo deprospección de empresaslevado a cabo dende o programa é a resposta dosector hostaleiroda zona na súa xestión de ofertas de traballo. Recorren á bolsa de emprego do PIE empresas de varios municipios para afrontar o aumento de actividade na época estival.

Con respecto a este tema, percíbese a dificultade das empresas para atopar persoal, a pesares de que baixan os requisitos e xa non esixen nin formación nin experiencia.

Conciliación da vida laboral e familiar e motivación para o emprego

Estas son as principais barreiras para a inserción laboral. Desde o programa estase traballando con diferentes ferramentas para eliminalas ou amortigualas. para iso, búscanse solucións cos Servizos Sociais municipais e están programadas varias accións para os próximos meses:

- Manual con recursos para a conciliación.

- Servizo de atención á infancia e maiores durante a realización das accións do proxecto.

- Obradoiro de habilidades sociolaborais

- Obradoiro de motivación e autoestima

- Mobilidade laboral

INFORMACIÓN XERAL DO PROXECTO

Financiamento

A Direción Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia) comunicou a concesión dunha subvención por importe de 191.951,00 euros para levar a cabo o. Este programa vaise desenvolver ata o 30 de novembro de 2018.

Número de usuarias: 85

Obxectivo de inserción: 30

Considérase acadado este obxectivo cando, durante o prazo de 12 meses contados desde o inicio do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien unha actividades por conta propia ou formando parte como socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, durante o programa ou nos tres meses seguintes á súa finalización.

Accións do programa

As usuarias serán beneficiarias de diferentes accións encamiñadas á súa inserción laboral. A continuación relaciónanse:

      • Información, orientación e asesoramento

      • Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas

      • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego

      • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

      • Fomento da capacidade emprendedora.

      • Prospección empresarial

      • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

      • Formación para o emprego (mínimo 300 horas)

      • Prácticas profesionais non laborais en empresas

      • Talleres de mobilidade laboral

Actividades, ocupacións e perfís laborais prioritarios para o proxecto

As accións do proxecto enfocaranse a sectores que demandan recursos humanos na zona e a nichos de emprego emerxentes:

- Servizos a persoas. Ocupacións relacionadas coa vida diaria, coa dependencia e coa conciliación da vida laboral e familiar.

- Industria. Ocupacións relacionadas coa industria alimentaria e a outras.

- Servizos. Ocupacións relacionadas co comercio.

- Pesca e agrogandeiría.

- Hostalería. Ocupacións relacionadas co turismo e a hostalería.

- Vivenda. Ocupacións relacionadas co marco da vida diaria das pesoas.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X