Concello de Vimianzo
21 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-06-2013 Tarde de diversión coa Escola de teatro Os Sapapusios de Pasarela

Unha divertida comedia de enredos co elenco actoral dos Sapapusios de Pasarela deixou con ganas de máis ao público que enchía o Auditorio da Casa da Cultura

máis información
05-06-2013 A Escola de teatro de Berdoias triunfou sobre o escenario

Cheo absoluto para ver actuar aos actores e actrices da Escola de teatro de Berdoias no Auditorio da Casa da Cultura. A peza Aquí non paga ninguén, de Darío Fo, foi un éxito de risas e aplausos na tarde do domingo

máis información
03-06-2013 O auditorio da Casa da Cultura quedou pequeno para a clausura da Escola de Danza

O sábado pola tarde a Casa da Cultura acollía a clausura das escolas municipais de baile galego e baile de salón que conseguiron abarrotar de público o auditorio

máis información
20-05-2013 Os alumnos da escola de gaita, pandeireta e percusión subiron ao escenario da Casa da Cultura

A Casa da Cultura vivía onte un domingo de música tradicional de man dos novos e novas gaiteiras, percusionistas e pandereterias que demostraban ante o público o aprendido durante o ano

máis información
22-04-2013 A pintora vimiancesa Chelo Lema expón por primeira vez na súa terra natal

Manuel Antelo inauguraba o sábado a exposición Sentires de sentimentos no tempo, da pintora Chelo Lema Varela, unha artista nacida en Vimianzo que nunca antes tivera a oportunidade de expoñer na súa terra

máis información
02-04-2013 Volve o teatro á Casa da Cultura co mes da República da Liberdade

Logo das vacacións da Semana Santa volve o teatro ao auditorio da Casa da Cultura coa Compañia Ti e mais eu teatro que será a encargada de abrir o mes da República da Liberdade

máis información
13-02-2013 O luns de entroido fíxose notar nas rúas de Vimianzo

Dúas comparsas, oito grupos e un bo número de disfraces individuais saíron o luns percorrer as rúas de Vimianzo creando un ambiente de alegría e bo humor que a choiva non foi quen de apagar.

máis información

Novas de

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X