Concello de Vimianzo
24 de marzo de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

09-03-2017

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 8 de marzo de 2017, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Cega 2, Celga 3 e Celga 4.  

Curso preparatorio Celga 1

Os cursos do nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación. Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) anunciarase a súa convocatoria específica. 

Prazo de solicitude: Do 9 ao 23 de marzo

Cursos preparatorios Celga2, Celga 3 e Celga 4

Os cursos dos niveis 2, 3 e 4 impartiranse na modalidade presencial. Para ver datas, lugares e horarios consultar anexo II da resolución do DOG no enlace que se sinala máis abaixo.  

Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.

As solicitudes deberán presentase preferiblemente por vía electrónica. Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ,

Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa.
De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

Prazo de presentación: 20 días naturais
, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. (Do 9 ao 28 de marzo). 

Asignación de prazas:
Se un curso ten un número de solicitantes maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada. No caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética (do A ao Z).

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga). 

O curso máis próximo a Vimianzo é o que se vai desenvolver en Cee (preparatorio Celga 3)

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170308/AnuncioG0164-010317-0002_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.lingua.gal

Ligazóns

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X