Concello de Vimianzo
24 de setembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

19-04-2017

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal 2017

Normativa

Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 71  do 11/04/2017)

Obxecto

Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2017.

Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.

Incompatibilidades

  1. Incompatibles coa percepción doutras prestacións do catálogo do SAAD así como a través dun recurso do Sistema Galego de Servizos Sociais incluído como prestación do catálogo do SAAD. Excepcións: 
    1. Adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, sempre que teña recoñecida a prestación de asistencia persoal a través do SAAD.
    2. Adquisición do servizo de acompañamento e intérpretes, sempre que se acredite a súa necesidade para a cobertura dunha necesidade diferente das que se lle dá cobertura a través do SAAD ou do Sistema galego de servizos sociais
  2. Complementarias coa adquisición de servizos que conten con financiamento das administracións públicas, ata o 100 % do custo da prestación do servizo para a persoa usuaria.
  3. Subsidiarias e, se é o caso, complementarias da carteira de servizos comúns de análoga natureza e finalidade do Servizo Galego de Saúde
  4. Poderán ser complementarias, ata o 100 % do custo subvencionado, doutras liñas de actuación similares doutras administracións/organismos.
  5. Só se poderá conceder unha axuda por persoa solicitante vinculada a un só servizo de promoción da autonomía persoal, dos enumerados no anexo I (0101  Servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal), ou a un servizo complementario de asistencia persoal. Excepcións:
    1. Servizo de transporte adaptado ou asistido, permitirase a súa compatibilidade coa subvención para a adquisición dun servizo de promoción da autonomía persoal cando o transporte adaptado sexa necesario para o desfrute do outro servizo.
    2. Servizo de acompañamento e intérpretes:  poderá ser beneficiaria dunha subvención para a adquisición dun servizo de promoción da autonomía persoal con cargo a estas axudas e dunha subvención para a adquisición dun servizo de acompañamento e intérpretes, cando este último sexa necesario para o desfrute do outro servizo.

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Poderán solicitar estas axudas as persoas que solicitasen o recoñecemento do grao de discapacidade con anterioridade á data de publicación desta convocatoria. A percepción da axuda quedará condicionada a que lles sexa recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, dentro do prazo máximo establecido para a resolución.
  2. A persoas solicitantes de servizos complementarios de asistencia persoal, ademais de cumprir co requisito do punto anterior, deberán ter recoñecida a prestación de asistencia persoal a través do SAAD.
  3. Para os efectos de recoñecer a necesidade da axuda individual solicitada en relación coa adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, e de acordo co servizo de promoción a que se vincula, será requisito necesario que sexa determinada a súa idoneidade de acordo coa situación de saúde e social da persoa solicitante. A idoneidade valorarase de acordo coas dificultades ou carencias importantes na atención das necesidades da persoa solicitante ou na súa integración social, entendendo o concepto de necesidades nun sentido amplo: de subsistencia, de saúde, de carácter social, de desenvolvemento persoal, de autonomía, etc., cun certo grao de intensidade. Emitirase un informe de oficio pola unidade de coordinación da dependencia da Subdirección Xeral da Dependencia e Valoración da Discapacidade, onde se valore este aspecto, con base na documentación existente no expediente de recoñecemento do grao de discapacidade da persoa solicitante e que, se é o caso, poderá solicitar aqueles informes complementarios ou documentos que se consideren necesarios para tal fin.

Ademais, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Que a necesidade da axuda solicitada derive da tipoloxía de discapacidade recoñecida.
  3. Que as consecuencias derivadas da tipoloxía de discapacidade recoñecida que sirvan de base para valorar a idoneidade da subvención concedida manteñan a súa vixencia no período de referencia concretado no proxecto de intervención obxecto de subvención.
  4. Que a capacidade económica da persoa solicitante, calculada conforme o previsto no artigo 13, non supere o 200% do IPREM para o ano 2017.
  5. Non percibir durante o ano 2017 outras axudas para o mesmo fin salvo que a axuda individual solicitada sexa complementaria da anteriormente concedida e, neste caso, ata o límite do 100 % do gasto subvencionado.
  6. Os establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Actuacións subvencionables

Adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal:

  1. Teñen por finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible. Son subvencionables os enumerados no anexo I.
  2. Para poder ser subvencionable o servizo de promoción da autonomía persoal de transporte adaptado ou asistido, deberá de xustificarse a vinculación deste servizo para o goce doutro servizo/prestación social, ou como medio de asistencia ao traballo ou a unha actividade formativa non obrigatoria do sistema público educativo cando non se enmarque dentro do ámbito das competencias propias do sistema educativo.

Adquisición de servizos complementarios de asistencial persoal:

  • Asistencia nas necesidades de carácter doméstico e da vivenda.
  • Asistencia nas actividades básicas da vida diaria.
  • Asistencia en xestións administrativas ou doutra natureza fóra do domicilio.
  • Asistencia en actividades de participación social, educativa, laboral ou de lecer.

Importe das subvencións

  1. Subvencións para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal: ver táboa.
  2. Subvencións para a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal: 11,94 €/hora, ata un máximo subvencionable de 2.005,90 € (calculado como baremos estándar de custos unitarios, consonte co previsto no artigo 67.1.b) e 5.a) e tendo en conta o disposto no artigo 68, número 2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, que sinala que para os efectos de determinar os custes de persoal en relación coa execución dunha operación, a tarifa por hora aplicable poderá calcularse dividindo os custos brutos de emprego anuais xustificados máis recentes por 1.720 horas)

Documentación

Solicitude   |   Presentación electrónica na sede

  • Anexo IV debidamente cuberto, no caso de que a persoa solicitante desexe actuar por medio de representante.
  • Proxecto de intervención detallado (modelo do anexo VIII)
  • Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación ou gasto.
  • Autorización, segundo o anexo IX, do cónxuxe da persoa solicitante ou parella de feito, no caso de réxime matrimonial de gananciais, así como das persoas a cargo da persoa solicitante, para a consulta pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade dos seus datos sobre identidade, residencia, renda (IRPF) e de toda clase de pensións e prestacións sociais percibidas. Caso contrario, deberán presentar a documentación relacionada con esta información, que, neste caso, será copia do DNI, certificado de residencia, copia da declaración do IRPF, certificado de pensións emitido polo Instituto Nacional da Seguridade Social, declaración de toda clase de pensións e prestacións sociais percibidas
  • Se é o caso, a xustificación da necesidade do transporte adaptado ou asistido para o goce doutro servizo/prestación social, ou como medio de asistencia ao traballo ou a unha actividade formativa non obrigatoria do Sistema público educativo cando non se enmarque dentro do ámbito das competencias propias do Sistema educativo
  • A información relativa aos indicadores comúns de execución sobre participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo, segundo o modelo do anexo VI desta orde.

Lugar de presentación

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Consellería de Política Social
  • Nos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante.
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 11 de maio de 2017.

Xustificación da axuda

A persoa beneficiaria deberá ter realizadas e xustificadas as actuacións que fosen obxecto da axuda no prazo sinalado no proxecto de intervención; non obstante o anterior, a persoa beneficiaria poderá solicitar a ampliación do prazo de xustificación por circunstancias debidamente acreditadas que, en ningún caso, poderá exceder o 10 de decembro de 2017.

Os gastos acreditaranse mediante declaración da persoa beneficiaria da adquisición do servizo ao cal se vincula a subvención, (anexo V) asinada pola entidade prestadora do servizo e onde se refléctira unha valoración profesional do cumprimento do proxecto de intervención e o seu resultado.

No momento da xustificación da execución total da actuación, a persoa beneficiaria presentará:

  • Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma actuación (anexo V).
  • Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública.
  • Información relativa aos indicadores de resultado inmediato (anexo VII)

Para máis información poden dirixirxe á Área de Benestar Social do concello. 981707426

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
21
22
23
24
25
26
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X