Batáns e Muíños do Mosquetín

Estamos ante un interesante enclave de gran valor natural e etnográfico. Trátase dun conxunto de muíños e batáns construídos á beira do Río Grande e que aproveitan a forza da auga para moer o millo e para mazar a la. Non coñecemos a data de construción destes edificios, pero sabemos que a mediados do século XVIII xa estaban en pé, posto que aparecen mencionados no Catastro de Ensenada (1753).

Os batáns apareceron en Europa durante a Idade Media. Trátase de construcións nas que por medio duns mecanismos denominados folóns, baseados no aproveitamento da enerxía hidráulica, se bate o tecido ata conseguir unha peza compacta que ofrece unha mellor resistencia fronte ao frío e a chuvia.

O conxunto do Mosquetín componse de dous edificios. No que está máis preto do río temos só muíños e no outro hai muíños e batáns. Están construídos a unha altitude superior á do río que pasa ao carón, así que para o seu funcionamento foi necesaria a construción dunha represa dende a que se canalizou a auga, que debía mover os rodicios e facer traballar os folóns.

Estes muíños e batáns atopábanse a finais dos anos 80 en estado ruinoso, así que a Deputación da Coruña decidiu adquirilos e no ano 1997 emprendeu unha restauración dos edificios e do contorno que hoxe pode considerarse modélica. Actualmente os muíños e batáns son visitables e ademais é posible ver o seu funcionamento.


Visitas guiadas

TEMPORADA ALTA
  • Días: Todos os sábados e domingos de xuño a setembro do 2016
  • Horario: 13 h e a las 18 h
  • Precio: de balde
  • Reserva: non é necesaria, resulta suficiente con acercarse ata alí á hora da visita.
TEMPORADA BAIXA

Durante o periodo de chuvias o lugar de Mosquetin tornase máis fermoso e o caudal do río crece podendo poñer en funcionamiento os sus muiños e batáns. Se sodes un grupo de máis de 10 persoas podéredes solicitar a vosa visita guiada de balde contactando co Departamento de Turismo Municipal: 981716001 (ext. 235)


Horario (non fechan ningún día)

Inverno: de 11 a 18 horas
Verán (XUÑO - XULLO - AGOSTO E SETEMBRO): de 10 a 20 horas


Contacto

DESCARGAS

Poderá descargar APP e folletos para ampliar información dende o apartado de DESCARGAS.

Como chegar